Santa María de Castro de Rei (Mosteirovello)

Da igrexa primitiva só se conserva o ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos. No seu interior hai restos de pinturas do século XV e comezos do XVI e un interesante capitel prerrománico. Posúe Santa María de Castro de Rei, na súa cruz parroquial, unha valiosa xoia de prata, dun metro de lonxitude, que data de 1730.

O nome do lugar, Mosteirovello, alude ó primitivo emprazamento monacal. Houbo no lugar un mosteiro anterior ó século XII (beneditino), que foi trasladado  posteriormente á beira do Río Loio onde se constitúe en Abadía independente (bernardos).

Santa María de Castro de ReiDurante algún tempo o mosteiro foi vencellado ó de Carracedo do Bierzo. O couto do mosteiro é doazón de don Afonso o Emperador ó Cístel. Hai ata dez abades que son señores de mosteiro e do seu couto. Á morte do último abade independente, o abade Pradomao, o mosteiro convértese en Priorato baixo a dependencia da abadía de Montederramo (Ourense), foi Alfonso VII quen lle entrega a Orde do Císter.

Será Alfonso IX quen realice varias concesións reais ó mosteiro e o visite persoalmente en 1228. Concesións que serán confirmadas por Fernando III en 1231 e por Alfonso X en 1255.

Esta igrexa lembra os xoieiros que tiñan as nosas avoas e que neles gardaban afeites para  poñerse en días especiais, pois non nos deixa indiferentes este "xoieiro" debido á valiosa peza en prata que garda.