Antes de empezar o Camiño
Comezaremos a preparación do Camiño polo menos con dous meses de antelación para evitar lesións y gozar da súa filosofía. Faremos andainas curtas en terreos irregulares preferiblemente no monte até que chegemos a sentirnos cómodos coa distancia que pensemos percorrer en cada etapa. Nas últimas saídas levaremos a mochila cargada para irnos afacendo e decatarnos de se o seu peso é excesivo.
Antes de empezar a andar é importante facer algúns estiramentos poñendo atención nas pernas: colocaremos as mans contra a parede e apoiaremos a modo a planta do pé até notar certa tensión detrás dos xeonllos a medida que nos achegamos ó chan.
Se facemos o Camiño en bicicleta tamén necesitaremos un adestramento previo e teremos que ir coa nosa máxima atención.
Se decidimos facelo a cabalo o animal irá asegurado, observaremos diariamente a súa saúde e ferraxe, con un previo recoñecemento veterinario, vacinas, alimentación, hixiene, caixa de urxencias e rematando cada etapa ó paso.
É recomendable peregrinar acompañado se imos en bicicleta ou a cabalo.
Uns días antes de marchar prepararemos ademáis dos enseres a caixa de urxencias, pero é preferible asesorarse sobre o que cada un precisa para evitar contraindicacións e efectos secundarios: poden ser de utilidade analxésicos ou antiinflamatorios, (pero nunca se tomarán en xexún e así evitaremos poñer a proba o noso estómago), agullas esterilizadas para sacar o líquido das vinchocas e fío, alcol, emplastos, crema hidratante e solar, alcol de romeu para masaxes e non esqueceremos o material de aseo.