Durante o Camiño
Empezaremos con suavidade, sen présa, con ritmo e pasó cómodo descansando cando o noso corpo, que é moi intelixente, nolo pida ou polo menos dez minutos cada hora, en subidas paso máis curto e a modiño e en baixadas longo e rápido. Podemos axudarnos dun bordón. Se imos en grupo camiñaremos á velocidade do que vaia máis a modo.
No é recomendable ducharse antes de empezar a andar, sobre todo con auga quente e durante moito tempo, a pel dos pés enrrúgase e é máis propensa a vinchocas.
Prestaremos especial atencion ó coidado e hixiene dos pés e tódolos días antes de poñer os calcetíns de algodón botarémoslles un pouco de crema ou vaselina.
Goce da tranquilidade e silencio da natureza do Camiño, evite ruídos de móbiles e radios, non moleste aos animais e plantas, están no seu hábitat natural e non entenden de rotas xacobeas. Leve unha bolsa no seu macuto por se non atopa papeleiras, manter o Camiño limpo e en bo estado é cousa de todos. Teña en conta os tres "erres": reutilizar, reciclar e reducir, rompamos o círculo de mercar, refugar, mercar.
Non esixa nada a ninguén, realizamos a peregrinaxe voluntariamente.
Se imos sen compaña, nunca nos sentiremos sós, se precisamos algo sempre atoparemos un/unha compañeir@ disposto a axudar. A primeira vez que faga a rota lle sorprenderá a hospitalidade e amabilidade da xente que vive preto do Camiño así coma a solidariedade e compañeirismo doutr@s peregrin@s.