Feiras e Festas
Feiras
Paradela celebra a súa feira mensual os días 15 de cada mes, na que ademais da tradicional compravenda de gando hai mercadillo de plantas, roupas e utensilios variados, sen que falten tampouco as tradicionais pulpeiras.
O día quince de maio, celébrase unha feira especial, é a festa na honra de San Cidre, patrón do mundo agrario e gandeiro. Esta festa, na que hai actos durante todo o día, conserva os elementos tradicionais das festas rurais, con pasarrúas da banda, misa maior na honra do patrón, orquesta..etc. pero ademais é un día especial no que se honra ó mundo agrario tradicional, ós seus costumes e tradicións.
O visitante que se achegue a Paradela un quince de maio poderá gozar cunha feira de gando tradicional na que tamén poderá ver os impresionantes touros que cada ano trae ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Galega), poderá ver a maquinaria agraria mais moderna e a mais antiga, poderá desfruta co desfile de cabalos e carros de vacas, xa pola noite poderá probar a tenreira galega á parrilla con viño da Ribeira Sacra, todo aderezado coa música dunha boa orquestra.
Festas
Aldosende (Sta. Engracia): 2º domingo de abril
Barán (Sta. Cruz): 1º domingo de maio
Paradela (Feira do ano e festa de San Cidre): 15 de maio
Castro San Martiño (Ascensión): 16 de maio
Vilaragunte (Corpus Christi): 29, 30 e 31 de maio
Mosteirovello (San Antonio de Padua): 12 e 13 de xuño
Castrelo, Laxe ( San Antonio de Padua): 13 de xuño
Francos (Nosa Señora): 22 de xullo
Sta. Cristina (Sta. Cristina): 23 e 24 de xullo
Andreade (Santiago Apóstol): 25 e 26 de xullo
Cortes (San Salvador): 1º domingo de agosto
Feasita ( San Roque): 3º domingo de agosto
Ferreiros (Sta. Lucía): último domingo de agosto
Castro San Martiño (Nosa Sra dos Milagros): último domingo de agosto
Penarredonda (Nosa Sra.): 12 e 13 de setembro
Paradela, festas patronais (Virxe das Dores): 3º domingo de setembro
A Laxe (Virxe do Amparo): derradeiro domingo de setembro
Mosteirovello (Nosa Sra. do Rosario): 1º fin de semana de outubro
Festas locais
Martes de Antroido
San Cidre: 15 de Maio