Roupa e calzado
Seleccionaremos o calzado e a roupa segundo a rota que elexiramos e a época do ano pero serán cómodos, transpirables, lixeiros, impermeables e nunca de estrea.
O Camiño é completamente distinto en inverno e necesitarás prendas máis illantes coma pucho, luvas e un impermeable lixeiro en calquera época.
A roupa soportará lavados diarios de polo menos 60º e secadora, imprescindibles no caso de que atopemos percebellas.
A nosa vestimenta será respectuosa e aínda que non confesemos coas crenzas relixiosas, se queremos visitar igrexas comportarémonos con educación e respecto cubríndonos no seu interior, e se non estamos dispost@s a facelo desfrutarémolas dende o seu exterior.